Tuesday 21 de May de 2024

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira


O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural Lustres Rivas en horario de 16:30 a 20.30 os días 8, 15, 22 e 29 de maio.

Na primeira xornada do 8 de maio terá lugar unha charla sobre O papel activo do paciente e manexo da dor crónica, impartido por Rosa García, especialista en medicina preventiva.

O 15 de maio a xornada será sobre Educación emocional e técnicas de relaxación, impartida por Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori.

O 22 de maio, terá lugar unha formación arredor do Manexo da medicación nas peroas maiores con demencia, impartido por Olga Roca, xefa de servizo de calidade asistencial do Sergas. Durante a xornada explicarase o manexo de fármacos, tipos de medicación, vías de administración e adhesión a distintos tratamentos. “Esta charla vai dirixida a todas as persoas cuidadoras de pacientes e enfermos que precisan unha atención especial” explicou Mariño.

O 29 de maio, levarase a cabo un obradoiro sobre Musicoterapia impartido por Damián Cairo, profesor do conservatorio da Coruña. Neste obradoiro axudarase a incrementar a saúde física e mental a través da música, empregando distintos tipos de música na promoción de diferentes estados de ánimo.
Ademais, realizarase un obradoiro en tódalas parroquias durante os meses de maio e xuño, sobre Recursos e prestacións no ámbito da dependencia, co propósito de asistir nos trámites da dependencia a todas as persoas que o precisen. Este obradoiro estará impartido por Marta Álvarez, traballadora do departamento de Servizos Sociais Comunitarios.